Luis Menor salienta na Gala das Empresas da Confederación Empresarial de Ourense ” a firme alianza” da Deputación co tecido empresarial

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial participou neste evento anual organizado pola CEO, entregando o premio na categoría de “empresa innovadora” a Cova da Xabreira S.L. e enxalzou o empeño desta institución empresarial “por mellorar as condicións do empresariado ourensán”

Ourense, 11 de decembro de 2024.

A Carballeira de Santa Cruz acolleu a Gala das Empresas Ourensanas, acto anual de recoñecemento que organiza a Confederación Empresarial de Ourense coa fin de premiar ás empresas máis destacadas en diferentes categorías, servindo tamén como punto de encontro e de confraternización  para todo o sector.

O presidente provincial, Luis Menor, participou nesta gala e fixo entrega a Cova da Xabreira S.L. do premio na categoría de “empresa innovadora. Quixo subraiar a importancia simbólica deste acto, remarcando que sempre é especial “enxalzar a audacia, a valentía, o talento, a innovación, a sostibilidade, a responsabilidade social e a calidade. Todas elas, condicións sine qua non do noso tecido empresarial nesta provincia”, agradecendo a todo o tecido empresarial “o gran labor que realiza cada día a prol do noso territorio, xerando emprego e riqueza na provincia, e fixando poboación”.

Tamén quixo facer un agradecemento expreso á CEO por valores como a súa visión estratéxica, o seu “afán por reforzar e facer provincia”, polo seu “empeño por mellorar as condicións do tecido empresarial ourensán”, recalcando a “firme alianza” da Deputación co sector.–