Ribadavia fixa seis zonas de estacionamento alternativo de vehículos para garantir a mobilidade e facilitar as visitas á vila

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Se na fin de semana anterior Ribadavia recibiu a milleiros de visitantes unha vez acendido xa o alumeado de Nadal, na capital do Ribeiro agardan outra fin de semana de afluencia masiva, polo que habilitaron un plan especial de tráfico que facilite a mobilidade no centro da vila, especialmente. A súa elección como a vila máis bonita de España e a su iluminación converteu a Ribadavia nun dos centros neurálxicos do Nadal en Ourense e en Galicia, o que provocou unha afluenza inusual de visitantes durante a pasada fin de semana.

Deste xeito, para este segundo fin de semana, o goberno local, en colaboración con Policía Local e Protección Civil, decidiu reforzar o dispositivo de tráfico coa finalidade de facilitar a mobilidade no centro da vila, especialmente a partir da hora de acendido das luces. Para elo, indícanse 6 zonas de estacionamento disuasorio e alternativo, aconsellando que o desprazamento ata o caso histórico se faga a pe. Esas zonas son as rúas Xestal, Veronza, Baixada ao Consello, contorna do Polideportivo, Hermanos Álvarez Araújo e tamén na estrada de Francelos.

Este será o segundo fin de semana desde o acendido da iluminación, pero tamén o primeiro xa dentro do periodo vacacional, o que fai prever un número de visitantes tan ou máis numeroso que o da fin de semana anterior. En calquera caso, o goberno local, precisamente para facilitar estas visitas e espacialas no tempo, decidiu ampliar a permanencia das luces ata o próximo 26 de xaneiro, dúas semanas despois da data na que está previsto que se apaguen as de Vigo (en principio o 12 de xaneiro). Así, Ribadavia ten todo listo para que desfrutar da vila que máis brilla neste Nadal sexa unha experiencia única, nunha contorna máxica e con todas as comodidades. Un plan que non se pode perder.