Ribeiro en Común vén de presentar unha moción a fin de que o Concello de Ribadavia comece a priorizar a instalación de novas empresas no Polígono Industrial de San Cristovo, solicitando ademais de Concello, Deputación Provincial de Ourense e Xunta de Galicia que traballen de cara a ampliación deste para a creación dunha área industrial comarcal entre varios concellos do Ribeiro. Dende esta formación política consideran que “a sangría poboacional que ano tras ano sofre o noso municipio debe ser abordada con máis servizos e mellores oportunidades laborais para a veciñanza”.
Así, apuntan que Concello e Xunta deben liderar a iniciativa de liberar chan bloqueado, conseguir a execución da terceira fase do polígono e exercer intermediación para que algunha nova empresa se instale en Ribadavia creando postos de traballo. Asímesmo, dende Ribeiro en Común engaden que estas institucións “deben traballar para conseguir máis chan industrail para Ribadavia, pero tamén para O Ribeiro ao traverso da creación dun polígono comarcal”. E lembran que, no pasado verán, dende o goberno municipal actual afirmouse na prensa que “El Alcalde de Ribadavia, César Fernández, y la conselleira de Industria, María José Lorenzana, mantuvieron una reunión para abordar las necesidades de suelo industrial en la localidad. El gobierno local está trabajando en la tercera fase de ampliación del polígono, con 50.000 metros, toda vez que apenas hay suelo disponible en el parque empresarial de la capital de O Ribeiro “.
Ao respecto, os responsables de Ribeiro en Común tamén lembran que “xa advertimos que o alcalde non dicía a verdade, e así o noso grupo volve levar ao Pleno a situación do Polígono industrial de Ribadavia, e pide transparencia e que deixe de mentir a cidadanía nun tema tan importante e necesario para os veciños como é o traballo”. Por todo elo, na súa moción propoñen ao Pleno da Corporación Municipal de Ribadavia “que desde o Concello se traballe en darlle unha solución a falta de solo industrial necesario para o asentamento de empresas e postos de traballo en Ribadavia”, e, tamén, que “O Concello de Ribadavia demánde á Xunta de Galicia, como principal administración con competencias na materia de industria, solo industrial, e traballo, e á Deputación provincial, que traballen para dotar a Ribadavia e ao Ribeiro de un verdadeiro Polígono Industrial para sentar empresas e a creación de postos de traballo”.