O Camiño dos Arrieiros será un novo foco de atracción turística ao ser declarado como ‘Ruta Xacobea’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño converterase, unha vez máis, nun punto de referencia a nivel de Galicia e do Estado coa futura declaración de ‘Ruta Xacobea’ para o Camiño dos Arrieiros, que ao longo de 17 quilómetros percorre as parroquias de Mesego, Partovia, Sagra e San Fiz de Barón, e que tradicionalmente era a vía de comunicación comercial entre O Ribeiro, As Rías Baixas e Santiago de Compostela. O Concello xa está a preparar o expediente correspondente para tramitar ante a Consellería de Cultura da Xunta a calificación deste trazado como “Camiño de interese cultural”, o primeiro paso previo para obter a calificación de ‘Ruta Xacobea’.

Dende o equipo municipal de goberno do Carballiño xustifican esta solicitude, “tendo en conta que o Camiño dos Arrieiros era unha saída comercial cara Compostela dos produtos vitivinícolas da comarca do Ribeiro e que, precisamente, ten o seu punto de partida en Fonteantiga e alí enlaza co actual Camiño Miñoto”. As autoridades municipais confían no apoio unánime da Corporación para a aprobación desta iniciativa, un acordo que será remitido posteriormente á Xunta para a súa validación, tras incorporar os informes favorablas doutras institucións, coma é o caso da Deputación de Ourense e do propio Ministerio de Medio Ambiente, “xa que o Camiño dos Arrieiros forma parte da Rede de Caminos Naturales do Estado”, apuntan dende o Concello.

A conversión do Camiño dos Arrieiros en ‘Ruta Xacobea’ permitirá ao Concello carballiñés acceder a unha serie de axudas económicas non só para o seu mantemento dos sendeiros, senón tamén para a acometida de proxectos de rehabilitación urbanística dos inmobles existentes nas localidades do rural que atravesa o itinerario. A consecución desta calificación terá o seu impacto a nivel de atracción turística para O Carballiño, que xa é importante trala declaración da Festa do Pulpo como de Interese Turístico Internacional.