O delegado territorial da Xunta supervisa as obras de acondicionamento do entorno da igrexa de san Xoán de Laza

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • Manuel Pardo  destacou que a Xunta inviste máis de 216.000 euros a mellora do acceso á Igrexa, coa creación de espazos para peóns, e zonas verdes; a construción dun acceso á praza; a impermeabilización do Centro de emerxencias municipal, e a creación dun espazo público na planta superior deste edificio
  • O delegado territorial puxo en valor a importancia do Plan Hurbe porque impulsa o desenvolvemento das vilas e núcleos rurais en clave de sustentabilidade económica, medioambiental e social
  • Desde 2010 mobilizáronse ao abeiro desta iniciativa preto de 170 millóns de euros froito do desenvolvemento de máis de 420 actuacións urbanísticas en decenas de concellos galegos

Ourense, 27 de decembro de 2024.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde, Jose Ramón Barreal, supervisou esta mañá as obras de acondicionamento do entorno da Igrexa de San Xoán de Laza nas que a Xunta inviste máis de 216.000 euros

O delegado territorial explicou que o obxectivo desta actuación é a mellora do acceso á Igrexa, coa creación de espazos para peóns, e zonas verdes; a construción dun acceso á praza; a impermeabilización do Centro de emerxencias municipal, e a creación dun espazo público na planta superior deste edificio.

Manuel Pardo puxo en valor a importancia do Plan Hurbe porque impulsa o desenvolvemento das vilas e núcleos rurais en clave de sustentabilidade económica, medioambiental e social, contribúe a mellorar os equipamentos e dotacións -incrementando o atractivo das vilas, núcleos rurais e a calidade de vida dos seus veciños-, fomenta a conservación e posta en valor do patrimonio cultural e histórico das vilas e favorece a incorporación das últimas tecnoloxías en todos os eidos.

Sinalou o delegado territorial que o Plan hUrbe, púxose en marcha en 2010 cun triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial en Galicia para redundar directamente no benestar dos cidadáns na mellora da calidade de vida.

Deste xeito, destacou Manuel Pardo, que se trata dun exemplo dos beneficios que aporta a colaboración permanente e sólida coas entidades locais, e recordou que a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local para acometer este tipo de obras, orientadas a frear o despoboamento, potenciando as  infraestruturas, servizos e equipamentos.

E lembrou que desde 2010 mobilizáronse ao abeiro desta iniciativa preto de 170 millóns de euros froito do desenvolvemento de máis de 420 actuacións urbanísticas en decenas de concellos galegos co fin de habilitar ou recuperar equipamentos públicos e poñer en valor as súas contornas urbanas.