A Deputación aproba preto de 309.000 euros en axudas para a cooperación con concellos e para o desenvolvemento sostible do rural

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

En cooperación cos concellos aprobáronse cinco achegas por un importe de 241.060 euros para melloras en redes de abastecemento, vivendas sociais, rehabilitación de inmobles, iluminación pública e cofinanciamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 30 de decembro de 2024.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na sesión celebrada esta mañá un total de 308.770 euros en axudas para a cooperación con concellos  e para a Asociación para o Desenvolvemento Sostible Medio Rural, Reserva da Biosfera.

Así, en cooperación cos concellos e entidades supramunicipais aprobáronse cinco achegas por un importe total de 241.060 euros, cantidade que se destinará a melloras en redes de abastecemento, vivendas sociais, rehabilitación de inmobles, iluminación pública e cofinanciamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Ademais, concedeuse unha subvención de 67.710 euros a favor da Asociación para o Desenvolvemento Sostible Medio Rural, Reserva da Biosfera, para conservación da biosfera terrestre e mariña no plan de recuperación, transformación e resiliencia, correspondente aos exercicios 2022 e 2023.