Coma epílogo da programación co gallo do 50 ANIVERSARIO da súa creación, a Agrupación Cultural Avantar do Carballiño celebra unha nova edición do ROTEIRO MANUEL MARÍA.
Desta volta a actividade terá lugar o domingo día 12 de Xaneiro ás 11.30h no anfiteatro da Praza da Veracruz, coma punto de inicio dun percorrido pola vila do Arenteiro da man da obra CANTIGUEIRO DO ORCELLÓN, no cal o poeta chairego reflicte o seu sólido e agarimoso vencello con ista vila ó longo da súa vida.
Anualmente Avantar deseña un itinerario enfocado ós centros escolares, participando o alumnado e profesorado, para coñecer máis sobre a obra literaria de Manuel María.
A música e a lectura constituen o eixo central de esta actividade, na que o público adulto é o obxectivo prefente; e que contará coa presenza da Fundación-Casa Museo Manuel María así coma xentes do Carballiño que tiveron relación co autor e tiveron grande influenza na obra “ Cantigueiro do Orcellón”
Da man dun arrieiro percorreranse os distintos fito-poemas que fan referencia ás localizacións
Ó remate será na Fonte de Flores e de seguido unha interpretación musicalizada de poemas do autor