A Vía da Prata como experiencia completa para o viaxeiro protagoniza a campaña da Deputación de Ourense en FITUR

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense aposta pola gran experiencia da Vía da Prata para presentar a provincia na Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid. O presidente provincial, Luis Menor, destacou os valores paisaxísticos, patrimoniais, culturais e etnográficos do itinerario xacobeo máis extenso de Galicia, protagonista da campaña promocional da Deputación titulada “Vía da Prata, provincia de Ourense (OU yeah!)”, a través dun vídeo no que se entrelazan cinco historias de diversas xeracións e procedencias, todas elas marcadas polas vivenzas e a emoción do Camiño ao seu paso por Ourense.

Os 200 quilómetros e os 28 concellos ourensáns polos que transcurre o tamén chamado Camiño Mozárabe, son a carta de presentación da Deputación de Ourense e da provincia ante operadores e público de diferentes países. “Queremos converter a Vía da Prata na alternativa do viaxeiro”, subliñou Luis Menor, quen destacou a “singularidade” da Vía da Prata, ao establecer un “vínculo profundo e único” entre o Camiño de Santiago e a Alta Velocidade, tazas a conexión da capital, Madrid, con Ourense, por medio do AVE. “As cifras anteriores de viaxeiros da Vía da Prata non eran as xustas, pero neste pasado 2024 xa crecemos un 13% e aspiramos a seguir así, captando máis peregrinos”, indicou Menor.

O presidente provincial avanzou que o traballo da Deputación na especialización dunha ruta cicloturista, para aproveitar tamén o constante crecementl de peregrinos que optan pola bicicleta como medio de achegarse a Santiago a través da Vía da Prata. Neste sentido, a Deputación, en coordinación co Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), levará a cabo melloras nos traxectos, como a instalación de puntos de reparación de bicicletas. A campaña, elaborada a través do Inorde coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, contempla próximas accións de promoción dun dos recursos turísticos máis relevantes de Ourense.

Luis Menor valorou aspectos do Camiño como a “exclente gastronomía, patrimonio, hospitalidade e ofertas culturais e de lecer”, que contribúen a que o peregrino obteña unha experiencia completa. Con todo, destacou o presidente da Deputación, a Vía da Prata “necesita un impulso máis, transformala nunha alternativa de calidade para os peregrinos”.