As e os socialistas sinalan que o goberno municipal non asiste a Fitur porque “se avergoña do seu traballo”en materia termal e turística e esixen que se solventen as eivas da piscina das Burgas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Reclamamos a copia do expediente que según Jácome se poría en marcha para a explotación privada da piscina e, despois de dita solicitude, recibimos unha resposta de Alcaldía na que se sostén que non existe ningún expediente incoado”, afirma a voceira do PSdeG, Natalia González

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o executivo de Jácome din que esa feira non vale para nada, pero outras cidades, comunidades autónomas e países si asisten”, puntualizou sobre a ausencia institucional en Fitur o edil José Ángel Vázquez Barquero

Ourense, 23 de xaneiro de 2025“O que está a facer dende o mes de maio o goberno municipal é rirse da cidadanía. Porque cando falamos de termalismo moitas veces se pensa en potenciais visitantes que poidan vir a desfrutar da nosa riqueza. Pero quen realmente deberían ter á súa disposición estes recursos naturais son as e os ourensáns”, sinalou o edil do PSdeG no Concello José Ángel Vázquez Barquero nunha rolda de prensa ofrecida aos medios de comunicación esta mañá.

Nas Xuntas de Área desta semana fíxose evidente que o executivo coñecía as filtracións da piscina termal cando se encheu a piscina en maio e comprobaron que había filtracións pero o negaron porque durante 8 meses non fixeron absolutamente nada ao respecto”, recriminou ante a inacción do goberno de Democracia Orensana.

E recordou que tamén quedou patente que a capital termal de Galicia non contaría con representación institucional do actual goberno en Fitur. “Somos a capital termal de Galicia e non o somos por unha etiqueta que nos autoimpuxeramos nós. Foi o Parlamento autonómico o que nos condeceu ese status”, describiu o edil.

“Dende o executivo de Jácome din que esa feira non vale para nada, pero outras cidades, comunidades autónomas e países si asisten. A cuestión é que eles se avergoñan do seu traballo e, por extensión, do termalismo da nosa cidade e iso é algo que non podemos consentir”, puntualizou e engadiu que tampouco asistiu o alcalde á presentación do Plan Termal que a semana pasada tivo lugar en Ourense.

A portavoz dos e das socialistas, Natalia González Benéitez, lembrou que a semana pasada tamén tivo lugar unha Xunta de Voceiros na que o propio alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, trasladaba á oposición que as obras recepcionadas polo Concello de Ourense para rehabilitar a piscina termal das Burgas presentaban eivas por non impermeabilizarse a instalación. “Anunciou a posibilidade dunha futura explotación ou concesión privadas para a xestión do complexo e nós manifestamos que o rexedor e o seu executivo obstrucionaron a nosa labor de fiscalización durante meses”, expuxo.

“O goberno incluso manifestou, no pleno ordinario deste mes, que a piscina se abriría de xeito inminente e na posterior Xunta de Voceiros cambiaba de criterio e recoñecía o que denunciamos semanas atrás sobre a existencia de eivas nas obras que supoñían un custo adicional duns 125.000 euros”, relatou sobre a cronoloxía dos últimos acontecementos e a necesidade doutra nova obra para poder abrir ao público a instalación.

Neste senso, as e os socialistas esixiron que se diriman as responsabilidades precisas, á maior brevidade, e que se aclare se o erro corresponde á empresa adxudicataria ou a quen planificou a remodelación. “Tamén reclamamos a copia do expediente que según Jácome se poría en marcha para a explotación privada da piscina e, despois de dita solicitude, recibimos unha resposta de Alcaldía na que se sostén que non existe ningún expediente incoado polo executivo municipal”, resumiu a socialista aos e ás xornalistas. “Isto nos leva a pensar que o rexedor continúa a mentir e non ten un plan B para as instalacións e que entra en contradiccións continúas respecto ás súas propias versións”, advertiu a portavoz.

Sengundo valoraron as e os edís ante os medios de comunicación, trátase dunha “neglixencia política e un ataque ao proxecto termal da cidade” e criticaron que os máximos responsables das concellerías de Infraestruturas e Termalismo. “Sabían que existían problemas de impermeabilización e que esa piscina non se podería reabrir”, incidiu engadiu na necesidade de que o executivo local comece a traballar a prol dos recursos da veciñanza.