O aforo do Teatro Principal está completo para asistir á representación de “Cabaret enxebre” de Dar Trela

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo Dar Trela Teatro vén de informar que xa non quedan entradas disponibles para presenciar a función que está prevista para mañá sábado no Teatro Principal de Ourense, de xeito que o aforo de 350 localidades previsto pola organización está completo. Según apuntan dende esta agrupación teatral do Carballiño “a expectación foi máxima a dous días da representación, de xeito que tódalas entradas, que tiñan un prezo de cinco euros, foron vendidas nun espazo curto de tempo”.

COMERCIAL ORCELLÓN

Dar Trela representará mañá, 25 de xaneiro, no Teatro Principal de Ourense, a súa última montaxe, “Cabaret enxebre”. Este recinto cultural da cidade das Burgas acollerá, a partir das 8 da tarde, unha obra de creación propia desta compañía afecionada, na que os actores e as actrices recrearán episodios de actualidade con grandes doses de creatividade, humor e inxenio.

Esta agrupación artística estrenou “Cabaret enxebre” en novembro de 2023 e, neste espectáculo, os 12 integrantes do colectivo mesturan, ao longo de 80 minutos, comedia, crítica social, música, baile e sensibilidade, nun exercicio teatral dinámico e comprometido baixo a dirección de Fernando González.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------