Aviso á comunidade educativa do conservatorio do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Infórmase a todos os membros da comunidade educativa do Conservatorio do Carballiño que o vindeiro mércores 29 de xaneiro unha representación do profesorado e nais/pais asistirá a un acto no Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela.
Este acto enmárcase dentro da campaña de recollida de sinaturas en apoio á iniciativa presentada polo BNG no Parlamento Galego para solicitar que a Consellería de Educación asuma as competencias e a xestión integral dos Conservatorios Municipais, incluíndo a mellora laboral do profesorado , provisión de maiores recursos económicos e de persoal.
Reunión e entrega de sinaturas:
A representación do Conservatorio asistirá a unha reunión na sala F do Parlamento (sala do BNG) ás 11:15 h con Ana Pontón e outros deputados. Nesta reunión entregaranse as sinaturas recollidas e formalizarase a petición á Xunta.
Información importante para os asistentes:
Para acceder ao Parlamento, é imprescindible facilitar á directiva da ANPA a seguinte información de cada asistente:
• Nome completo
• DNI
• Matrícula do vehículo (no caso de utilizalo)
Esta información proporcionarase ao persoal de seguridade do Parlamento. Intentarase xestionar espazo no aparcamento en superficie da Rúa Hórreo.
Contacto:
Todos aqueles interesados en participar no acto rogamos se poñan en contacto coa directiva da ANPA á maior brevidade posible para coordinar a asistencia e facilitar a información requirida.
Queremos agradecer a toda a comunidade educativa a súa colaboración e apoio nesta campaña.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO