O BNG demanda a adecuación do prego do servizo da auga do Carballiño á nova normativa europea

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O BNG do Carballiño vén de solicitar que o proceso de licitación do servizo do ciclo integral da auga do Carballiño que terá de ser contratado se revise para adaptalo á nova directiva europea que será de obrigado cumprimento desde 2027. “O actual prego de condición non contempla as medidas recollidas na directiva  (EU) 2024/3019 do Parlamento Europeo e o consello sobre o tratamento das augas residuais e urbanas” sinalaron desde a organización nacionalista. Nestes intres, a contratación do servizo do ciclo integral da auga do Carballiño aínda se atopa en fase de concorrencia e de non acometerse neste momento esta actualización normativa, suporá que en dous anos o Concello teña que asumir un gasto maior en refacer e adaptar as súas infraestruturas a este nova normativa.

A actual normativa data do ano 91 e foi brevemente actualizada no ano 95. A nova normativa implica requirimentos más estritos sobre o tratamento das augas residuais para protexer o medio ambiente a saúde publica; novos obxectivos de reciclaxe, maiores medias de control e establece criterios para que os sistemas de tratamento se manteñan actualizados, enfeitizando a necesidade de investimentos en infraestruturas para mellorar a eficacia no tratamento das augas residuais e tamén a eficiencia enerxética na EDAR e na estación de bombeo, según apuntan dende o BNG carballiñés.

Neste sentido, alertan que o Concello do Carballiño arríscase a ter que dotar partidas orzamentarias de importancia por obriga legal dentro de dous anos se non paraliza a actual licitación e actualiza o prego de condicións do ciclo da auga, con 20 de concesión, para adaptalo a unha nova normativa que procura mellorar a xestión das augas residuais, protexer os recursos hídricos, reducir a contaminación e que será de obrigado cumprimento para a vila do Carballiño. O BNG do Carballiño remarca que é mellor un pequeno retraso nesta fase procedimental que un grande desembolso económico  e un maior prazo en cousa de dous anos.