A tenda OZOCOgz pasanos a seguinte nota informativa:
O sábado 8 de febreiro temos dúas actividades na nosa tenda.
Pola mañá, ás 12:30 h., presentación da obra de Vicente Risco DOUTRINA E RITUAL DA MOI NOBRE ORDE GALEGA DO SANCTO GRAAL. A ESTRELA DO APÓSTOLO. Estaremos acompañados por Celia Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco; de Felipe-Senén López, arqueólogo carballiñés, responsábel desta edición e do seu estudo e notas; e do escritor e membro do Consello de Administración da Editorial Galaxia Xavier Alcalá.

Pola tarde, ás 19:00 h., concerto de DeBiselas. Este concerto que ficara adiado en decembro. O cuarteto de frauta DeBiselas preséntanos un concerto de crítica social pola invasión dos eucaliptos, mesturando textos de Esther F. Carrodeguas con música; tamén interpretarán un conto de Castelao con música de Tango entre outras pezas. É un concerto para todos os públicos, de entrada libre con taquilla inversa.
