As e os socialistas respaldan a convocatoria urxente do consello municipal de servizos sociais e que o goberno de Jácome cumpra coa súa promesa respecto ás novas instalacións de Down Ourense

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A voceira do grupo do PSdeG no Concello, Natalia González, e a deputada no Congreso Marga Martín, reuníronse esta mañá con representantes da asociación Down Ourense para trasladarlles o apoio dos e das socialistas ás súas reivindicacións

“O goberno de Gonzalo Pérez Jácome non debe só convocar este órgano, senón facelo con regularidade para dar resposta ás necesidades das asociacións da cidade e abordar, entre outros asuntos, a configuración das subvencións oportunas”, expuxo a portavoz

Ourense, 6 de febreiro de 2025. A voceira do grupo do PSdeG no Concello, Natalia González, e a deputada no Congreso Marga Martín, reuníronse esta mañá con representantes da asociación Down Ourense para trasladarlles o apoio dos e das socialistas ás súas reivindicacións e respaldar as demandas das diferentes entidades sociais que veñen reclamando a convocatoria urxente do Consello Municipal de Servizos Sociais.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“O goberno de Gonzalo Pérez Jácome non debe só convocar este órgano, senón facelo con regularidade para dar resposta ás necesidades das asociacións da cidade e abordar, entre outros asuntos, a configuración das subvencións oportunas para que poidan prestar un servizo aos seus usuarios e usuarias de calidade e de xeito planificado”, indicou a portavoz.

Neste senso, incidiron na  importancia de que se actualicen e incrementen as partidas que se destinan dende a Administración local ás diversas asociacións posto que as necesidades foron mudando nos últimos anos e non se aprobaron uns novos orzamentos dende o 2020.

En concreto, sobre a asociación Down Ourense, as e os socialistas reclaman tamén que o executivo local cumpra a súa promesa, que realizou hai máis dun ano, de aportar unha subvención por un importe de 50.000 euros para a reforma das novas instalacións que están a piques de inaugurar. “A pasividade coa que se abordan as necesidades de benestar social por parte do Concello debe mudar inmediatamente. Non só non se incumpriu polo de agora o compromiso con esta entidade, senón que o propio sistema de subvencións padece retrasos que no caso doutras asociacións conleva non percibir as contías económicas da Administración local dende hai dous anos”, remata lembrando.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------