O Carballiño segue subindo, hoxe ata os 12 casos activos. Maside sobe un caso ata os 5 contaxios

IES CHAMOSO LAMAS

A comarca do Carballiño mantén hoxe 19 (+3) contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe dous contaxios, ata os 12 casos activos. Boborás conta cun so contaxio, igual ca San Cristovo de Cea. Maside sobe un caso, ata os cinco contaxios. No Ribeiro, Ribadavia mantén os 4 casos activos e Carballeda de Avia presenta tres casos activos. Arnoia conta con dous casos activos e Avión e Cenlle contan cun caso activo cada un.

A comunidade galega rexistra hoxe 294 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.975, máis de dous centenares máis nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 12 (=) están en UCI e 47 (+5) en unidades de hospitalización.

HIPER MASIDE

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 90 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 412 casos activos, 34 máis ca onte. Os hospitais hoxe presentan 10 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=)  na UCI.