A Deputación aproba as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a agrupacións de Protección Civil en concellos de menos de 50.000 habitantes

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisiten Luis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Juan Marquina Fuentes (Secretario Deputación Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén foron aprobadas na mesma sesión as bases reguladoras do concurso público para a concesión de subvencións para gastos de funcionamento das federacións ou agrupacións de asociacións veciñais de Ourense, correspondentes ao exercicio 2025. Contan cunha partida orzamentaria de 43.000 euros

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En materia de cooperación cos municipios, destináronse un total de 106.086,5 euros a diferentes achegas para a realización de diversas obras de mellora

Ourense, 10 de febreiro de 2025

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar, na sesión celebrada esta mañá, as bases e convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións a agrupacións de Protección Civil en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Tamén foron aprobadas na mesma sesión as bases reguladoras do concurso público para a concesión de subvencións para gastos de funcionamento das federacións ou agrupacións de asociacións veciñais de Ourense, correspondentes ao exercicio 2025. Contan cunha partida orzamentaria de 43.000 euros.

Ademais, en materia de cooperación cos municipios, destináronse un total de 106.086,5 euros a diferentes achegas para a construción dun muro de contención nun campo de fútbol (32.384,31 euros); para ampliación dunha zona de xogos e parque infantil (47.964,52 euros) e para a mellora de accesibilidade a unha zona deportiva infantil e local veciñal (25.737,67 euros).

Tamén se aprobou a necesidade de ocupación, con carácter urxente, dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras correspondentes á senda turística termal entre as localidades de Albarellos – Vilaza e Balneario de Requeixo, no termo municipal de Monterrei.  Tamén foi aprobada a expropiación forzosa para a execución das obras de acondicionamento e mellora integral na OU-0210 Leirado – Pontedeva (no treito comprendido entre os puntos quilométricos 7+044 e 7+324).

Por último, aprobouse o peche e suspensión da convocatoria para o concurso para concesión de subvencións para o fomento de actividades escénicas e musicais para o ano 2025, debido ao esgotamento da partida orzamentaria correspondente á liña de axudas, o que imposibilita a concesión de novas subvencións a partir desta mesma data. Considérase conveniente, por razóns de seguridade xurídica e para os efectos de informar debidamente desta circunstancia aos potenciais interesados, deixar sen efecto a convocatoria das citadas subvencións, con efectos dende o 6 de febreiro de 2025.