As e os socialistas lamentan que o goberno municipal fulminase a tradicional loita de mecos na que participaban 300 nenos e nenas de diferentes centros educativos da cidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Non comprendemos que o alcalde non a incluise na programación de entroido deste 2025 nin dese explicacións ao respecto”, advirte a edil do PSdeG no Concello de Ourense Cristina Cruz

Consideramos que o cartel non está á altura do que significa o entroido para Ourense e que dende que DO organiza a programación para unha das datas máis significativas do almanaque estas foron perdendo o seu sinal de identidade”, engade sobre o deseño que custou máis de 1.500 euros ás arcas municipais

Ourense, 11 de febreiro de 2025. O grupo municipal socialista lamenta que logo de anos de tradición, o actual goberno do Concello de Ourense decidise suprimir a loita de mecos que daba comezo ao entroido na capital e que tiña lugar na Praza Maior cada xoves de comadres. “É unha mágoa que a Concellería de Educación non continúe cun sinal de identidade no que participaban ao redor de 300 nenos e nenas cada ano e que ía máis aló da propia actividade ao mergullarse a cativada nos costumes do noso entroido”, sinala a edil do PSdeG Cristina Cruz.

Eran varios os centros de ensino os que cada ano participaban neste acto de pistoletazo de saída e ensinaban ao alumnado a elaboración dos mecos. Nesta ocasión, a loita de mecos limitarase aos patios dos colexios que poidan celebrala. “Non comprendemos que o alcalde non a incluise na programación de entroido deste 2025 nin dese explicacións ao respecto”, incide.

No que atinxe ao cartel coñecido recentemente, as e os socialistas rexistraron as preguntas pertinentes para que se informe sobre quen é o autor, cal é a inspiración do deseño e se tivo algún custe para as arcas municipais. A resposta por parte de Alcaldía indica que se encargou á empresa Shinobi por un custe de 1.500 euros, máis IVE, e que descoñecen a inspiración que motivou o mesmo.

Concretamente, afirman dende o executivo de Gonzalo Pérez Jácome que non teñen “acceso á profundidade das mentes para responder” a esta última pregunta, nin tampouco “resonancias magnéticas” que lles dean “pistas sobre este asunto”. Deste modo, as e os socialistas critican a pouca implicación do executivo de Gonzalo Pérez Jácome no encargo do cartel e que se paguen 1.500 euros sen directrices a seguir nin preguntar a inspiración do mesmo.

“Consideramos que o cartel non está á altura do que significa o entroido para Ourense e que dende que DO organiza a programación para unha das datas máis significativas do almanaque estas foron perdendo o seu sinal de identidade, paulatinamente, para converterse nunha aposta que se limita ás orquestras”, remata contundente.

Enviamos enlace ao audio con declaracións da edil do PSdeG no Concello de Ourense, Cristina Cruz:

https://drive.google.com/file/d/1LmjRrHn5rIOnKMEICPqtKTFpwnnXjbeY/view?usp=sharing