Un automobilista resulta ferido nunha nova colisión frontal na Avenida 25 de Xullo do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A travesía urbana da estrada Ourense-Pontevedra (N-541) no Carballiño foi, de novo, escenario hoxe dun accidente de tráfico. O suceso ocurría ao filo das 8,00 horas, cando se produxo a colisión frontolateral entre dos vehículos na Avenida 25 de Xullo, á altura do entronque coa rúa Evaristo Vaamonde.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Un dos automóbiles circulaba en sentido Ourense, mentres o outro o facía en sentido Pontevedra e se incorporaba ao carril de espera para coller á esquerda e adentrarse na rúa Evaristo Vaamonde. Según fontes da Policía Local do Carballiño, que enviou unha patrulla ao lugar, este último vehículo non respetou a cesión de paso ao primeiro e maniobrou para xirar cara a devandita rúa do casco urbano, intre no que se produxo a colisión.

Unha das persoas que se vio involucrada no accidente foi trasladada ata un centro sanitario de Ourense nunha ambulancia do Servizo 061, ao resultar con feridas que, según as testemuñas presentes, non revistían gravidade.