Agronegocios, outro modo de emprender no rural

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

UNED Ourense, na súa Aula de Extensión da Rúa, impartirá o 7 de marzo un curso de extensión universitaria sobre emprendemento nos sectores gandeiro, forestal, silvícola e apícola.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

OURENSE, 17 de febreiro de 2025. UNED Ourense impartirá o día 7 de marzo un curso de emprendemento no mundo rural. Farao nas súas Aula universitaria de Valdeorras, situada na vila da Rúa. O agronegocio é a actividade económica que se dedica á produción, industrialización e comercialización de produtos agrícolas, gandeiros, forestais e outros recursos naturais biolóxicos. Nunha zona rural é importante dotar ás persoas de ferramentas para emprender, e que mellor maneira de emprender que aproveitando os recursos que temos, nos sectores da gandería, forestal, silvicultura, apicultura, etc. Nestes últimos anos as zonas rurais atraen a novos poboadores que “foxen” da cidade buscando ideas de negocio sobre todo de carácter agrícola, forestal, e do aproveitamento de recursos naturais en xeral.
Con este curso, impartido por unha relatora cunha ampla experiencia no mundo do emprendemento rural, preténdese orientar aos participantes e levalos á realidade do que é emprender fose do ambiente urbano.
A través dunha primeira parte un pouco máis introdutoria, faremos un percorrido pola contorna no que nos atopamos e os recursos que temos. O obxectivo é saber como empezar en segundo que sector para poder chegar a emprender. E coñecer os apoios que existen. Sectores como a apicultura tan en auxe nos últimos anos, como fonte de ingresos complementaria para moita xente. Gandería, agricultura ecolóxica, viticultura e mesmo silvicultura, orientada á xestión e aproveitamento forestal.
Explicaranse as axudas ás que se pode optar tanto da comunidade autónoma, o estado, ou dos concellos… a administración en xeral, para poder desenvolver a idea de negocio. Pechando o relatorio cun caso práctico de éxito dunha persoa nova que decide emprender na nosa zona.
O curso impartirase na aula da Rúa o 7 de marzo en horario de 16.00 a 21:00 horas. Na modalidade presencial e tamén en liña, para que desde calquera punto de España, zonas rurais con problemáticas diferentes poidan participar outros cidadáns e achegar diversos puntos de vista.
A docente nesta ocasión será Patricia Alonso Fernández, técnica responsable de medidas agroambientais da Asociación de gandeiros do Macizo Central. É unha profesional cunha ampla experiencia en tema de emprendemento no rural, traballando a diario e directamente con emprendedores nos sectores da gandería e a viticultura.

Pódese consultar o programa e facer a inscripción no seguiente enlace