Unhas xornadas achegan ao estudantado do IES Chamoso Lamas iniciativas de emprendemento empresarial

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Instituto de Ensino Secundario (IES) Manuel Chamoso Lamas do Carballiño acolle entre hoxe e mañá, mércores, as “Xornadas de Emprendedores”, que chegan á súa cuarta edición coa colaboración do Concello e da Deputación Provincial de Ourense. Unha actividade que foi inaugurada na mañá de hoxe polo director do centro, Aurelio Rodríguez, acompañado polo alcalde carballiñés, Francisco Fumega, e o deputado provincial de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tal e como nos comentaba o propio Aurelio Rodríguez, o obxectivo destas xornadas é que os estudantes “escoiten as experiencias, tanto positivas como negativas, de emprendedores para que poidan ter certa base para tomar unha decisión que vai afectar á súa vida”. Fumega destacou que son “unha excelente iniciativa porque pon en interrelación ao alumno coa empresa”.

Na xornada de hoxe participou Javier Pegito, técnico do Polo de Emprendemento de Apoio ao Emprego do Carballiño, no que en dous anos presentáronse un total de 220 proxectos, dos cales un cento xa están constituídos. Asemade, tamén falaron ao longo desta mañá representantes das empresas Instalectro, adicada ás instalación eléctricas, e Ingeo, de investigación xeotérmica.

A xornada de mañá comezará ás 9,30 horas e estará adicada ás experiencias persoais, cos relatorios de Iria López e Iago Ríos, de Asesoría Xesta; Santiago Alberti, de Eisi Disi; Tania Barroso, de Talleres Saro, e de Iván Fernández, de Robimat Sistemas S.L., encargándose o director do IES, Aurelio Rodríguez, da clausura.