Cine Club Carballiño ofrecerá este vindeiro venres, 21 de febreiro, a última película do director italiano Mateo Garrone, “Eu capitán”, que conta a historia de Seydou e Mousssa, dous rapaces que abandonan Dakar para emprender camiño a Europa. Unha odisea contemporánea a través dos perigos do deserto, os horrores dos centros de detención en Libia e os perigos do mar. A película pasou con éxito polo Festival de Venecia, onde obtivo o León de Prata á mellor dirección e o premio ao mellor actor emerxente. Está tamén nominada nos premios Oscar como mellor película internacional, e no Festival de San Sebastián gañou o Premio do Público ao mellor filme europeo. Unha magnífica película que nos achega unha historia que moitas veces non queremos ver. Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en VOS.