Por elo, presentarán no vindeiro pleno ordinario de marzo unha iniciativa para a creación de novos parques caninos en barrios que carecen deles e a acometer melloras urxentes nos espazos da cidade destinados ás mascotas
Así como a poñer en marcha campañas informativas e de sensibilización en materia de benestar animal e a colaborar co tecido asociativo como APMOU e a protectora de animais. “Impórtannos os animais que teñen familia, pero tamén os que non”, afirma a edil do PSdeG Alba Iglesias
Ourense, 21 de febreiro de 2025. Cada vez hai máis familias que teñen mascotas en Ourense. O problema está en que as infraestruturas e os servizo públicos destinados a elas non creceron ao mesmo ritmo e cando iso pasa, cando a cidade non está preparada, a convivencia se fai máis difícil afectando tanto aos que teñen mascota como aos que non”, comeza explicando a edil do PSdeG no Concello Alba Iglesias que presentará unha iniciativa, no pleno ordinario do mes de marzo, para ofrecer solucións ao respecto.
Neste senso, a socialista defende que os parques caninos sexan funcionais e estean provistos de fontes de agua para os animais, iluminación para poder empregalos pola noite e áreas onde resgardarse cando chove. “Ademais, hai zonas de Ourense que non contan con ningún destes espazos verdes o que se traduce en maiores conflitos en parques infantís, xardíns e rúas que non están preparadas para esta nova realidade”, advirte.
Por elo, dende o grupo municipal socialista instarán ao executivo de Gonzalo Pérez Jácome, a través dunha moción, á creación de novos parques caninos en barrios que carecen deles e a acometer melloras urxentes nos espazos da cidade destinados ás mascotas. Así como a poñer en marcha campañas informativas e de sensibilización en materia de benestar animal e a colaborar co tecido asociativo como APMOU.
“Impórtannos os animais que teñen familia, pero tamén os que non. E todos sabemos que a protectora de animais leva anos en condicións lamentables e a súa situación, pese a non ser nova, leva moito tempo sen solución. Non se trata só de soltar cartos. Falamos, sobre todo, de facer unha auditoría, garantis formación para o persoal e asegurar que tanto os animais como as persoas que tratan con eles teñana garantido un servizo digno”, engade sobre outro dos puntos de acordó que recolle o texto rexistrado.
Finalmente, as e os socialistas afirman que este proposta ten un obxectivo claro: que Ourense sexa unha cidade exemplar no trato aos animais e na convivencia responsable. A reforma de PROGAPE e a creación de espazos públicos o mantemento e mellora dos existentes son pasos imprescindibles para lograr un equilibrio entre as necesidades dos animais e as expectativas da cidadanía. E entenden que a responsabilidade do Concello é irrenunciable nesta tarefa.
Enviamos enlace ao audio con declaracións da edil do PSdeG no Concello de Ourense Alba Iglesias:
https://drive.google.com/file/d/1_VF04ixrslYWIsYeIIHOKUW3juV6Jz2X/view?usp=sharing