“Os socialistas non morren, seméntanse”
(Pablo Iglesias Posse)
Ourense, 1 de marzo de 2025. As e os socialistas da agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense queremos trasladar o fondo pesar e a dor que causou o falecemento da rexedora de Lugo, Paula Alvarellos (Ponteceso, 1963) esta mañá. Traballadora inesgotable e de fortes crenzas socialistas, chegou á Alcaldía o 18 de xaneiro do pasado ano para tomar o relevo do bastón de mando de Lara Méndez.
Licenciada en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, exerceu durante anos como avogada nun despacho e foi profesora do mestrado de abogacía da USC. O seu traballo desinteresado a prol de contribuir a unha sociedade mellor non só se reflicte na responsabilidade que asumiu ao tomar posesión como concelleira, senón que anos antes estivo ligada á asociación Concepción Arenal, que apoia a inserción de persoas que cumpriron pena de
prisión.
Recollemos e facemos nosas as palabras do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ao afirmar que Paula Alvarellos foi progresista, loitadora e comprometida coa cidade de Lugo e o PSdeG. Sempre disposta a defender as ideas socialistas para acadar un país máis xusto, equitativo e igualitario a súa perda deixa unha inmensa dor máis aló das fronteiras da cidade que a viu
converterse en alcaldesa.
A súa morte resulta tráxica e inesperada e as e os socialistas da agrupación municipal do PSdeGPSOE de Ourense desexamos enviar azos e forzas á súa familia, ás súas amizades, aos seus compañeiros e compañeiras no Concello e a provincia de Lugo e aos e ás lucenses que perden a unha feminista incansable e comprometida que viviu por e para a súa cidade.