A deputada de Igualdade participa na presentación da camiseta oficial da Carreira da Muller, que se celebra este domingo polas rúas da cidade

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Teresa Barge coñeceu no Pazo Provincial os detalles da proba, que contará cun circuíto inclusivo para persoas con mobilidade reducida

Ourense, 7 de marzo de 2025.

A deputada de Igualdade, Teresa Barge, participou hoxe no Pazo Provincial na presentación da camiseta oficial da Carreira da Muller, acompañada polos organizadores da proba, do Clube Runmaniak Box001 Ourense. A carreira, que conta coa colaboración de diversas institucións e colectivos, entre elas a Deputación de Ourense, é competitiva e inclusiva. O obxectivo é reivindicar o papel da muller, especialmente no deporte.

A proba, con motivo do Día Internacional da Muller -8M-, celébrase este domingo, 9 de marzo, a partir das 11,00 horas con saída e chegada na Praza Maior. Será unha carreira absoluta de cinco quilómetros, cun circuíto urbano.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dez minutos antes da proba, haberá un circuíto inclusivo, dun quilómetro de lonxitude para persoas con mobilidade reducida.

A inscrición xa bateu récords, con preto de 800 participantes anotados este venres.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------