CC.OO. denuncia que o Concello do Carballiño vulnera as condicions laborais da plantilla municipal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A delegación sindical de Comisions Obreiras (CC:OO.) do comité de empresa do Concello do Carballiño vén de remitir esta mañá un comunicado para “denunciar a continua falta de negociación colectiva do actual goberno municipal, o que se traduce en constantes vulneracións por parte deste do acordo de condicións laborais do funcionariado e do convenio colectivo do persoal laboral do Concello”. Entre outros aspectos, os representantes sindiciais destacan que “séguese sen facer caso dos escritos que presentamos os representantes dos e das traballadoras, denunciando o cobro das nóminas con retraso, o superar sempre o período marcado tanto no acordo coma no convenio.

Tamén aseguran que o Concello “segue traballando cun interventor que acumula a praza e compatibiliza como pode este posto co seu na Deputación Provincial de Ourense, polo que dende CC.OO. seguimos reteirando que este Concello pola súa importancia e sendo cabeceira de comarca, precisa dos tres habilitados nacionais con exclusividade para o bo funcionamento do mesmo”. Por outra banda, Patricia Nogueira e Juan José Iglesias, presidenta e secretario, respectivamente, do comité de empresa, afirman que “estanse a incumplir preceptos legais estipulados na Lei de Prevención de Riscos Laborais, tales como recoñecementos médicos que tardan máis dun ano sen facerse, dotación de EPIS axeitados ás labouras do persoal de oficios e Grupo de Emerxencias Municipal, ou a non facilitación de documentación relativa ás medicións do gas radon en tódalas dependencias municipais”, entre outros.

Asemade dende CC.OO. subliñan “o incumprimento do asinado como acordo de produtividade, que fai que se esté a abonar ditas cantidades ó persoal con retraso xeneralizado de dous a catro meses sobre o previsto, e que incluso traballadores e traballadoras con dereito a eses abonos e despois de deixar de prestar servizo no concello (xubilacións) tardan un ano en recibir eses importes”. Finalmente, lembran que “queremos denunciar que dende que foron asinados eses documentos (acordo e convenio), que, según apuntan, datan do ano 2018, constituíuse unha comisión de seguemento dos mesmos”, pero que nunca foron convocados por parte do Concello do Carballiño”.