O recoñecido pulpeiro Paco Gómez, orixinario de Arcos (Carballiño – Ourense), inaugurou hoxe ás 18:30 horas a súa nova pulpería “Sabor a Galicia” en Madrid. O establecemento sitúase na terraza do restaurante Cabo do Mundo, situado na rúa Rosario Pino 13, e promete levar os sabores auténticos de Galicia ao corazón da capital española.

Con este proxecto, Gómez consolida a súa expansión gastronómica, sumándose á súa xa emblemático local “A Feira” en Ourense e outros en Asturias. O empresario, coñecido pola súa mestría na preparación do pulpo á feira e pratos tradicionais galegos, busca conquistar aos madrileños cunha proposta que combina tradición e calidade. “É unha honra compartir a nosa cultura culinaria nunha cidade tan vibrante como Madrid”, destacou durante a apertura.
A elección da terraza de Cabo do Mundo non é casual: trátase dun enclave estratéxico no distrito de Chamartín, zona de alta demanda gastronómica. O menú incluirá, ademais do clásico polbo, especialidades como empanadas, lacón con grelos e sobremesas tradicionais, acompañados de viños galegos.
Pero a ambición de Gómez non se detén aquí. Segundo adiantou, xa ten plans para abrir outra polbeira no Estadio Santiago Bernabéu, o que ampliaría a súa presenza en espazos icónicos e reforzaría a súa aposta por difundir a gastronomía galega.

Con esta apertura, Paco Gómez non só consolida o seu legado como embaixador culinario de Galicia, senón que tamén posiciona ao pulpo como protagonista na escena gourmet madrileña. Bo proveito!