As e os socialistas de Ourense organizan un acto para render homenaxe a Castelao ante a ausencia de programación ao respecto confirmada polo alcalde no pasado pleno

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Os Concellos de distintas cidades e vilas de Galicia réndenlle homenaxe a través de programacións culturais nas que se inclúen rueiros, exposicións ou xornadas literarias. Pero en Ourense nada se vai facer”, lamenta a edil Cristina Cruz

“Hoxe, máis que nunca, as palabras de Castelao están vixentes. Ao executivo municipal interésalle que non sexamos críticos, que non cuestionemos o seu labor e mantén entretida á cidadanía con festas e excentricidades que non aportan nada máis que disfrute ocasional e non permiten afondar no coñecemento”, subliña

Ourense, 16 de marzo de 2025. Este 2025 conmemóranse os 75 anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. E ante a confirmación o pasado pleno ordinario de marzo por parte do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, de que non se levaría a cabo ninguna actividade ou acto institucional para homenaxear a súa figura, as e os socialistas organizarán un acto o vindeiro 28 de marzo.

“Os Concellos de distintas cidades e vilas de Galicia réndenlle homenaxe a través de programacións culturais nas que se inclúen rueiros, exposicións ou xornadas literarias. Pero en Ourense nada se vai facer”, lamenta a edil do PSdeG Cristina Cruz ante a ausencia de vontade do goberno municipal para poñer en valor a obra e figura do autor.

“Non é certo, como nos queren facer ver dende o executivo de DO que a cultura só interesa a unha minoría que cualifican despectivamente como ‘culturetas’. E fomentar a cultura é fortalecer o orgullo local e facilitar a inclusión e a educación no conxunto da nosa sociedade”, expón a socialista á vez que continúa argumentando que urxe implementar políticas neste eido que “promovan e fomenten actividades a prol do galego”.

“Hoxe, máis que nunca, as palabras de Castelao están vixentes. Ao executivo municipal interésalle que non sexamos críticos, que non cuestionemos o seu labor e mantén entretida á cidadanía con festas e excentricidades que non aportan nada máis que disfrute ocasional e non permiten afondar no coñecemento”, subliña a socialista.

Tamén defenden dende o grupo socialista no Concello de Ourense que Castelao  é a figura que mellor representa a galeguidade –tanto na súa vertente artística como na política–. “Loitou polo estatuto de autonomía galego, foi o primeiro presidente do Consello de Galicia no exilio e na súa obra pódese apreciar o sentir dos galego e galegas que viviron unha época convulsa e que, sen embargo, protexeron a nosa identidade e a nosa lingua, máis alá do distinto asoballamento das institucións durante a ditadura”, sostén Cruz.

Por todo elo, o grupo do PSdeG si organizará actos para continuar celebrando as figuras máis destacadas, continuar aprendendo do pasado e presente. “Precismente por iso, o 28 de marzo, Ás 19:00 horas, na praza da Biblioteca Nós, a artista Uxía Morán será a encargada de realizar unha ‘performance’ sobre as personaxes femininas do escritor de Rianxo. O acto será aberto ao público.

Enviamos enlace ao audio con declaracións da edil do PSdeG no Concello de Ourense Cristina Cruz:

https://drive.google.com/file/d/1EjkTUjUJ_Fi9NVcqXwu653K7igHg2cVx/view?usp=sharing