Son Bea Blanco enfermeira do centro de saude de Carballiño e referente de saúde comunitaria no mesmo servizo,dirixome a vos porque o día 24 de marzo as 16:30h no salón de actos da casa da cultura vai a ter lugar unha charla “CÓDIGO EUROPEO CONTRA O CANCRO” dada por a técnica de prevención da AECC e máis eu,NA CAL SE VAI FACER HINCAPÉ NA VITAL IMPORTANCIA DOS CRIBADOS POBLACIONAIS QUE TEMOS NO SERGAS CONTRA O CANCRO.
Considero necesaria a máxima difusión da mesma dado que por desgraza o CANCRO na nosa comarca ten unha prevalencia a alza e a prevención nestos casos salva moitas vidas.
