A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, lembrou a colaboración constante da Deputación con esta asociación, “todo un referente e un exemplo dentro do terceiro sector de acción social da nosa provincia” e garantizou o apoio da institución provincial “para todo o que precisedes para seguir mellorando”
Ourense, 21 de marzo de 2025.
A rúa Río Camba acolle desde esta mañá, no seu número 6, a nova sede da asociación Down Ourense. Este novo emprazamento, froito da cooperación institucional entre a Xunta e a Deputación, contou na súa inauguración desta mañá coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; a conselleira de Política Social, Fabiola García; o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a vicepresidente primeira da Deputación, Marta Nóvoa, que disculpou a ausencia do presidente provincial, Luis Menor, que por motivos de axenda está hoxe fóra de Ourense nun acto institucional organizado pola FEMP.
Marta Nóvoa sinalou que a xornada de hoxe “non só é un día grande por ser o Día Mundial das Persoas con Síndrome de Down. Hoxe é un día o dobre de especial porque estreades unha magnífica sede en Ourense coa que gañades en comodidade, amplitude e melloras nos servizos que presta esta fabulosa asociación”. De feito, recalcou que os membros deste colectivo “sodes un exemplo de traballo ben feito, de traballo cheo de ilusión e de cariño, de compromiso social e de implicación ao 100% no voso labor. ·todo un referente e un exemplo dentro do terceiro sector de acción social da nosa provincia”.
A vicepresidenta primeira da Deputación lembrou tamén a colaboración constante da institución provincial con esta asociación, e garantizou que ese apoio será continuo “para todo o que precisedes para seguir mellorando”.