Satisfacción pola gran afluencia de xente a primeira feira do Carballiño

satisfacción pola gran afluencia de xente a primeira feira do carballiño durante o estado de alarma

Publicidade

Mais de 30 postos, só para vender produtos agroalimentarios e cun estricto control das medidas de seguridade, achegáronse este sábado pola mañá ata o Carballiño onde centos de veciños agardaban con entusiasmo esta primeira feira despois de dous meses sen ela.  A gran maioría dos feirantes estiveron ubicados no seu lugar habitual. O concello marcou cun punto de pintura onde se podían poñer os postos para facilitar que se respectaran as distancias de seguridade.

Moita xente con mascarilla, pero non toda. Gardando os dous metros de distancia, pero non sempre porque a aglomeración de persoas faciao complicado. Os feirantes estaban aliviados de poder volver a ofrecer os seus produtos a eses clientes que tanto os agardaron

Entre os visitantes… opinións encontradas, uns preocupados pola acumulación de xente e outros satisfeitos co bo comportamento cidadá:

VIDEO