Ribadavia estabiliza a situación, con 36 casos activos, un menos ca onte

IES CHAMOSO LAMAS

No Ribeiro, a situación hoxe amosa un descenso. Ribadavia presenta o máximo da comarca con 36 casos activos, un menos ca onte.

Avión sobe hoxe cinco casos ata os 16 positivos. Carballeda de Avia suma un caso ata os 6 contaxios. Leiro mantén cinco casos e Arnoia, que tiña seis, baixa ós 5. Melón, Cortegada e Beade manteñen dous casos cada un. Castrelo de Miño e Cenlle son os únicos libres de covid.

Todos os concellos das dúas comarcas, salvo Ribadavia e Carballiño, están en nivel medio-baixo polo de agora.