Queremos expresar a solidariedade do BNG con Noelia Rodríguez, proposta polo PSOE e Ribeiro en Común a ser alcaldesa a partir do vindeiro 23 de febreiro.

Non todo vale contra quen non pensa coma un. Condenamos enerxicamente todo intento de degradar a calquera persoa.

Este tipo de actitudes non representan á veciñanza de Ribadavia.

Asemade, queremos recoñecer o pronunciamento público de condena expresado por César Fernández, actual alcalde, a quen lle honran as súas palabras.