O Carballiño sofre un repunte esta fin de semana dos 13 ós 17 casos activos de hoxe

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 24 contaxiados. A capitalidade da comarca rexistra 17 casos activos, un máis ca onte e contando esta fin de semana cun leve repunte de casos. Piñor e Punxín contan con dous casos activos cada un deles. Boborás mantén un contaxio, igual ca Maside e San Cristovo de Cea. Beariz, O Irixo e San Amaro están libres de covid.

Publicidade