As socialistas piden á Xunta que escoite aos e ás profesionais do Novoa Santos e dea explicacións sobre que vai acontecer co servizo de saúde mental e o centro de orientación familiar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Coñecemos o malestar dos traballadores e traballadoras e dos e das pacientes non só polos traslados datados para despois do verán, senón polo unilateral da decisión que foi comunicada sen unha reunión previa”, sinala a voceira do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González Benéitez

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ante a ausencia de planificación e o caos que están a xerar as decisións do executivo de Alfonso Rueda, non podemos máis que instar á Xunta de Galicia a que deixe de xogar ao tetris coa Sanidade pública”, engade a deputada no Parlamento Carmen Rodríguez Dacosta

Ourense, 24 de marzo de 2025. Ante demolición do antigo Centro de Saúde Novoa Santos anunciado polo executivo autonómico, as e os socialistas presentaron unha batería de iniciativas pola incertidume xerada tanto para os profesionais sanitarios como para os e as usuarias destas instalacións. “Coñecemos o malestar dos traballadores e traballadoras e dos e das pacientes non só polos traslados datados para despois do verán, senón polo unilateral da decisión que foi comunicada sen unha reunión previa para unha mellor organización e sen ter en conta as opinións ou necesidades dos e das profesionais”, subliña a voceira do grupo municipal socialista no Concello de Ourense, Natalia González Benéitez.

“Algúns pacientes serían deribados ao centro de especialidades de Concejo e outros ao centro de saúde de O Couto e entendemos que esta decisión suporá unha sobrecarga de traballo para ámbalas dúas instalacións sanitarias. Especialmente no caso do Couto que duplicaría forzosamente a súa capacidade asistencial”, advirte a deputada do PSdeG no Parlamento Carmen Rodríguez Dacosta.


Tamén plantexan as e os socialistas varias cuestións para a súa resposta por parte do goberno galego. Entre ellas queren que se dean explicacións sobre que vai acontecer co fundamental departamento de Saúde Mental e co emblemático Centro de Orientación Familiar (COF) que se situaba nese edificio da rúa Xoan XXIII e que ofrece unha atanción imprescindible dende hai anos.


“Ante a ausencia de planificación e o caos que están a xerar as decisións do executivo de Alfonso Rueda, non podemos máis que instar á Xunta de Galicia a que deixe de xogar ao tetris coa Sanidade pública en Ourense e que presente unha planificación seria, rigorosa e eficaz consensuada coas partes afectadas”, reclama sobre as necesidades que demandan os e as usuarias e os e as profesionais que xa están a recoller firmas para unha iniciativa cidadá.

Enviamos enlace ao audio con declaracións da deputada no Parlamento de Galicia Carmen Rodríguez Dacosta:

https://drive.google.com/file/d/1MErA733a0btt9V2GF1V6iyxKJp0XFYGg/view?usp=sharing