O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e Expourense cumplen unha década de cooperacióne promoción mutua, xa que ambas entidades veñen de ratificar por décimo ano consecutivo a súa condición de colaboradores, o que permite ao Consello Regulador estar presente en tódalas accions promocionais, feiras e eventos organizados polo recinto neste 2025. A sinatura deste convenio tivo lugar esta mañá na sede do órgano de xestión vitivinícola, en Verín, e correu a cargo do presidente da D.O. Monterrei, Manuel Vázquez Losada, e do director xerente da Fundación Expourense, Rogelio Martínez.
Deste xeito, a primeira das citas promocionais na que participe a D.O. Monterrei será a feira AGRO de Braga, en Portugal, que celebra a súa 57ª edición do 3 ao 6 de abril, e na que Expourense sempre participa con stand propio grazas á colaboración co Forum Braga. Dentro das feiras do calendario previstas para o presente ano, Monterrei contará con stand propio na 11ª edición de ‘Ourense Vinis Terrae’, Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade, que se celebrará os días 2 e 3 de xuño.
Tamén participará de forma directa en ‘Xantar’, o 26º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que terá lugar do 20 ao 23 de novembro. Neste caso, o Consello Regulador estará no Túnel do Viño, unha área na que se presentan aos visitantes a calidade das variedades autóctonas galegas. Asemade, os viños de Monterrei maridarán os pratos elaborados con produtos de calidade de Galicia, dentro dos ‘showcookings’ de Xantar, e organizarán unha cata comentada.
Rogelio Martínez agradeceu ao Consello Regulador a súa fidelidade como colaborador fixo de Expourense, e lembrou que a sinatura deste convenio demostra cómo as entidades da provincia de Ourense confían no recinto feiral para dar a coñecer os seus produtos e servizos neste espazo de cooperación público-privada que recibe cada ano a máis de 120.000 visitantes. Pola súa banda, Manuel Vázquez resaltou que “Expourense é un bó escaparate para potenciar a imaxe de marca da D.O. Monterrei, e dar a coñecer os viños que se elaboran no territorio tanto no mercado nacional coma no internacional”.