Aberto o prazo para solicitar as axudas a asociacións de comerciantes da provincia

Plácido Álvarez Dobaño (Vicepresidente da Deputación Ourense) garda un minuto de silencio pola muller asasinada, supostamente pola súa exparella no concello coruñés de Santa Uxía de Ribeira e acompañado polos outros grupos políticos que forman a pleno da Deputación Ourense e por traballadores do Pazo Provincial.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, destinará nesta convocatoria un orzamento máximo de 42.000 euros para colaborar coas demandas das asociacións da provincia, apoiándoas no desenvolvemento das súas actividades para impulsar o comercio de proximidade

Os interesados en participar en dita convocatoria xa poden presentar a súa solicitude ata o 24 de abril

Ourense, 27 de marzo de 2025.

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar as bases da convocatoria que regulan a tramitación e concesión de subvencións para o financiamento de accións de dinamización e promoción do comercio local, realizadas por ditas entidades ou por asociacións empresariais municipais ou comarcais da provincia das que formen parte comerciantes durante este ano.

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, destinará nesta convocatoria un orzamento máximo de 42.000 euros para colaborar coas demandas das asociacións da provincia, apoiándoas no desenvolvemento das súas actividades para impulsar o comercio de proximidade.

Segundo as bases, consideraranse accións de dinamización e promoción do comercio local, entre outras, as exposicións e certames orientados á comercialización de produtos locais e ás campañas dirixidas á captación de socios e potenciais clientes. Cada entidade interesada presentará un único proxecto relativo a unha acción ou a un conxunto de accións. En todo caso, só poderán ser obxecto de subvención os proxectos cuxo orzamento sexa, como mínimo, de 4.000 euros, sendo o importe total máximo do proxecto de 7.000 euros. A contía da axuda pode alcanzar ata o 80% do investimento, non podendo superar os 5.600 euros.

Os interesados en participar en dita convocatoria xa poden presentar a súa solicitude ata o 24 de abril de 2025. As solicitudes, subscritas polo representante legal da entidade interesada, serán dirixidas á Presidencia do Inorde e presentaranse de forma telemática, a través do Rexistro Xeral da sede electrónica da Deputación de Ourense, (https://sede.depourense.es/), dentro do catálogo de trámites do rexistro electrónico, no que se utilizará o trámite denominado “solicitude de propósito xeral”.

Para máis información: https://bop.depourense.es/7724f981-e099-4825-929c-884fb4fdf529