A Coordenadora da “Festa da Istoria” de Ribadavia convida á cidadanía a participar na súa organización

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Coordenadora da “Festa da Istoria” de Ribadavia celebrou o pasado venres, día 28, a súa primeira xuntanza do ano co obxectivo de constituír a nova directiva para a edición 2025 deste evento. Nesta reunión, sentáronse as bases organizativas e tratáronse diversos aspectos fundamentais para a planificación do festexo, que terá lugar na capital do Ribeiro os días 29, 30 e 31 de agosto, co sábado 30 coma xornada central.

A “Festa da Istoria”. declarada de Interese Turístico Nacional, é unha das citas máis esperadas do calendario cultural e festivo de Ribadavia e gran parte de Galicia, recreando cun gran rigor histórico un episodio do pasado medieval da vila. E para que esta emblemática festividade manteña o seu crecemento e a súa esencia, a Coordenadora fai un chamamento “a todas aquelas persoas interesadas en formar parte da directiva e colaborar activamente na súa organización”. Neste sentido, consideran que “a implicación cidadá resuta fundamental, xa que se trata dun evento que require un intenso traballo ao longo do ano e un gran despliegue loxístico durante os días da celebración”.

Así, convidan a quenes desexen sumarse ao equipo que se poñan en contacto con calquera membro da Coordenadora, e agradecen de antemán toda a axuda posible para que a “Festa da Istoria” continúe sendo un referente cultural e patrimonial. Como parte dos preparativos, os organizadores xa veñen de convocar o tradicional concurso de cartaces, cuxo deseño gañador convertirase na imaxe oficial desta edición de 2026. Asemade do recoñecemento, o concursante que resulte elexido recibirán un premio de 500.