A Casa do Concello acolle a mostra ‘Potiexpo 2025’, unha escolma das mellores imaxes de O Potiños

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Potiños promove unha nova mostra de imaxes escollidas polos propios integrantes desta asociación de fotógrafos afeccionados, e que baixo o epígrafe ‘Potiexpo 2025’ poderase visitar dende mañá no interior da Casa do Concello do Carballiño. Esta iniciativa que o colectivo leva a cabo con carácter anual foi presentada hoxe polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o presidente de O Potiños, Manuel Blanco.

Diego Fernández resaltou que “O Potiños representa un dos artífices máis fortes da programación cultural, e que tamén nos acompaña na vida social da nosa vila”, e convidou a acudir “a ver a arte que se esconde detrás de cada unha das fotografías que se van exponer”. E, finalmente, agradeceu á asociación “que ofreza unha excelente alternativa cultural ao Carballiño”.

Pola súa banda, Manuel Blanco comentou que “Potiexpo é unha colección de 19 instantáneas que cada fotógrafo escolle porque para él é a mellor, e que estará na Casa do Concello nos meses de abril e maio”. Tamén anunciou que, con posterioridade, esta mostra “pasará despois aos 16 puntos de referencia que posuimos tanto no Carballiño coma no resto da provincia”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Asemade, apuntou que, no cartaz que publicita a exposición, figura por vez primeira o logo da Deputación Provincial de Ourense, “xa que asinamos con eles un convenio para o patrocinio do ‘Arenteiro Fotográfico’ e das nosas actividades ao longo do ano”. O presidente de O Potiños tamén lembrou a viaxe que fixeron 12 integrantes do colectivo a Marrocos na semana pasada, “e que cecais poida plasmarse nunha exposición”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------