Ribadavia conmemora o ‘Mes do Libro’ cunha programación especial

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Ribadavia pon en marcha unha nova edición do Mes do Libro, unha iniciativa que busca fomentar a lectura e achegar a cultura a toda a cidadanía a través dunha variada programación de actividades. A Casa da Cultura acollerá a mostra bibliográfica “Bibliofarmacia”, un espazo onde as persoas visitantes poderán descubrir unha coidada selección de libros relacionados coa temática do mes. Ademais, entre o 21 e o 28 de abril, as librarías locais Follas Novas, Goyma e Mafranch ofrecerán un desconto do 20% na compra de libros, fomentando as compras no comercio de proximidade.

Dentro da programación especial, o 4 de abril ás 17:30 horas representarase na Casa da Cultura a obra de teatro infantil “Pelica de Burra”, de Vero Rilo, unha oportunidade perfecta para que os máis pequenos e as súis familias gocen dunha sesión de contos dramatizados.

O 23 de abril, Día do Libro, celebrarase unha sesión especial de contacontos a cargo do proxecto “Ler Conta Moito”, unha iniciativa que promove o amor pola lectura a través da narración oral e a dinamización cultural.

Con esta programación, Ribadavia promove a lectura e o acceso á cultura, ofrecendo actividades para todos os públicos e incentivando o hábito lector entre a poboación.