O Parque Náutico de Castrelo acolle esta fin de semana o “Campionato de España de Piragüismo” en infantil e cadete

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense colabora na celebración do “Campionato de España de Piragüismo” de promesas mozas e canoe, nas categorías de infantil e cadete, que se disputa esta fin de semana nas instalacións do Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño. O deputado de representación institucional, Rosendo Fernández, acompañado polo asesor provincial de Deportes, Diego Enrique Álvarez, e mailo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, coñeceu esta mañá os detalles desta proba da man do presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; o delegado provincial, José Manuel Fernández; e o presidente do Club Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Pedro Andrés García.

O parque náutico acollerá a máis de 1.000 padeeiras nunha competición que comezará o venres, día 4, cos adestramentos, mentres que as probas disputaranse o sábado durante toda a xornada e domingo só pola mañá. A distancia a percorrer para o control clasificatorio é de 2.000 metros para infantís e cadetes e para a final 3.000 e 5.000 metros, respectivamente para cadetes.