Os voceiros socialistas das Corporacións Municipais do Ribeiro advirten á Deputación de Ourense e á Xunta de Galicia da súa obriga de fiscalizar a eficace e a eficiencia na xestión dos recursos públicos destinados a cofinanciar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) da Mancomunidade de Concellos. Así, lembran ao presidente da Deputación que un informe do Consello de Contas de Galicia do ano 2022 apuntou “deficiencias graves na xestión económica e na información aportada, falta de rigor nos criterios de imputación de custes, incoherencia nas contas e a imposibilidade de validar a calidade das magnitudes económicas”.
Asemade, dende o PSdeG-PSOE do Ribeiro reiteran “que o presidente da Mancomunidade do Ribeiro e senador, Francisco José Fernández Pérez, manipulou e mentíu en sede parlamentaria a principios de 2024 en relación coa aportación da Xunta de Galicia e dos concellos da Mancomunidade do Ribeiro ao Servizo de dependencia”.
Ante o que consideran “acumulación de irregularidades detectadas na xestión da Mancomunidade do Ribeiro e a falta de resposta por parte da Xunta, Deputación e as alcaldías involucradas”, os socialistas vense na necesidade de denunciar públicamente o ocurrido na xestión do SAF entre os anos 2017 e 2020. E poñen coma exemplo que, según os datos oficiais dese periodo, a Mancomunidade aportou ao Concello de Beade 59.268,09 € procedentes da Xunta para o SAF e, á súa vez, este Concello contribuíu con 29.706,47 €, sumando un total de 88.974,56 €, pero que “sen embargo, ningún veciño de Beade solicitou nen recibíu dito servizo neses anos”.
Polo tanto, dende o PSdeG-PSOE do Ribeiro pregúntanse “ónde foron parar os 88.974,56€ destinados ao SAF entre 2017 e 2020” e se “existen antecedentes destas prácticas antes do 2017”. Os socialistas da Mancomunidade tamén desexan saber “qué opinan os veciños aos que se lles negou a axuda por suposta falta de fondos” e “se sabían os habitantes de Beade que o seu Concello destinou fondos a un servizo que non se prestou”. Finalmente, preguntan se “son coñecedores desta situación os alcaldes que aprobaron as contas da Mancomunidade do Ribeiro ano tras ano”.