A celebración do partido que enfrontaba a pasada fin de semana aos equipos benxamíns do Club Calasancio e o Club Deportivo Arenteiro é motivo dun cruce de acusacions entre o árbitro do encontro e os pais dos xogadores do conxunto carballiñés que se desprazaron ata as instalacions deportivas Álex Blanco de Monforte de Lemos. Según un anexo aportado na súa acta do partido, o árbitro subliñou ser agredido polos pais ao remate do encontro, extremo que éstes negaron rotundamente, e así llo transmitiron ao presidente do C.D. Arenteiro nunha reunión mantida na tarde de onte.
Outra moi diferente é a versión do ocorrido, según apuntaron fontes achegadas ao grupo de pais alí presentes, xa que na primeira parte do partido, según apuntan, foi o propio árbitro quen supostamente empurrou a un dos xogadores verdes. Os rapaces, ante esta agresión acordaron inicialmente ao final deste periodo non saír a xogar a segunda parte a xeito de protesta, se ben finalmente non a levaron a cabo e sí desputaron o resto do encontro, indicaron as mesmas fontes.
O árbitro, obviando a súa presunta propia acción no primeiro tempo, decidíu interpoñer unha denuncia contra os pais dos xogadores do Arenteiro ante a Garda Civil de Monforte, o que derivou na apertura do atestado correspondente e a citación dos proxenitores no posto da Benemérita do Carballiño. Éstes tamén avaliaron presentar unha denuncia contra o árbitro, en vista do sucedido.
Por parte de Club Deportivo Arenteiro emitiuse un comunicado no que a entidade “condena rotundamente calquera acto de violencia no fútbol, entendendo que este deporte debe fomentar valores como o respecto, a convivencia e a deportividade”. A xunta directiva asegura o seu compromiso para “seguir traballando na formación e educación dos nosos xogadores e
erradicar calquera comportamento inapropiado dentro e fóra do campo”.