A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, e a deputada de Igualdade, Teresa Barge, reuníronse con diferentes responsables das áreas da institución provincial, así como coa consultora que está a realizar o traballo técnico para futuras implantacións
Ourense, 11 de abril de 2025.
A Deputación de Ourense está a traballar no Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes para o persoal da Administración Provincial 2024-27, tanto na análise do seu cumprimento durante o ano pasado, como nas medidas que serán implantadas neste 2025.
Así quedou de manifesto na reunión do Comité de Seguemento do II Plan de Igualdade, presidida pola vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, e a deputada de Igualdade, Teresa Barge, con diferentes responsables das áreas da institución provincial, así como coa consultora que está a realizar o traballo técnico de seguemento para futuras implantacións.