Os socialistas de Leiro co firme apoio á candidatura de Patricia Domínguez Barja á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE na provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Como militantes comprometidos co futuro do socialismo en Ourense, queremos expresar o noso firme apoio á candidatura de Patricia Domínguez Barja á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE na provincia. A súa decisión de dar este paso, avalada por unha ampla representación da militancia, alcaldes e alcaldesas, e referentes históricos do noso partido, representa unha aposta valente pola renovación, pola reflexión e pola reacción necesaria fronte á situación actual.
Patricia representa unha nova maneira de entender a política: máis próxima á base, máis
conectada coa realidade da cidadanía e máis comprometida coa reconstrución da confianza do
electorado. A súa mensaxe é clara: non podemos seguir igual se queremos resultados distintos.
Precisamos un proxecto ilusionante, sólido e aberto, que escoite ás agrupacións, respecte a
diversidade interna e teña como prioridade recuperar o espazo político que lle corresponde ao
socialismo na nosa provincia.
Co seu liderado, temos a oportunidade de repensar a estratexia do PSdeG en Ourense, de
recuperar o diálogo coa sociedade civil, e de volver ser esa forza decisiva que contribuíu a facer
historia en Galicia, como cando a nosa provincia foi clave para a presidencia de Emilio Pérez
Touriño ou para maiorías progresistas na cidade de Ourense.
Apoiamos a Patricia porque cremos nun proxecto colectivo, horizontal e transformador. Porque
cremos que é tempo de facer as cousas doutra maneira. Porque cremos que a súa visión,
experiencia e capacidade de escoita farán do PSdeG-PSOE de Ourense unha organización máis
forte, unida e preparada para os retos do presente e do futuro.
Os socialistas de Leiro apoiamos con firmeza a Patricia Domínguez Barja. Contamos contigo para construír un novo tempo para o socialismo ourensán.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO