As procesións Penitencial, do Cristo da Saúde e do Santo Enterro centran a Semana Santa do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A programación elaborada pola Confraría da Vera Cruz e a Parroquia de San Cibrao para esta Semana Santa do Carballiño continúa mañá, día de Xoves Santo, coa Procesión Penitencial da Sentenza e a Esperanza, que partirá do templo da Veracruz ás 20,30 horas, unha vez rematada a celebración da Santa Cena, prevista para as 19,00 horas No itinerario participarán os pasos de O Noso Pai Xesús da Sentenza e da Misericorida e Nosa Señora da Doce Esperqanza, acompañados pola Legio VII Civitas Limicorum co seu tercio de tambores.

A procesión percorrerá as rúas dos Canteiros e Aldara ata a Praza Maior, seguindo polas rúas Cesáreo Tizón, Vulcano, Mosquera, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Antonio Palacios, ata chegar de novo á igrexa da Veracruz, onde haberá unha ‘Hora Santa’ a partir das 23,00 horas.

A xornada do Venres Santo abrirase ás 12,00 horas coa saída da Procesión do Cristo da Saúde, acompañado neste caso pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, e no que o paso será custodiado por 14 penitentes en representación do Vía Crucis. O itinerario será o mesmo cá o de Xoves Santo.

E o acto central desenvolverase na noite do venres, coa Procesión Solemne do Santo Enterro, tamén coñecida coma á ‘dos Caladiños’. Previamente, ás 18.00 horas, comezará o oficio da Pasión do Señor. A comitiva procesional sairá ás 21,00 horas dende A Veracruz, abrindo filas a cruz procesional, o estandarte da Confraría e o ‘lignum crucis’, que irá custodiado polas seccións de nazarenos, penitentes descalzos e mantillas. Os pasos de Santa María Magdalena e San Xoán ao pé da Cruz, o Santísimo Cristo Xacente e Nosa Señora das Dores estarán acompañados pola banda de cornetas e trompetas Acotaga, do Ferrol, e da banda de música de Vilatuxe, e os cantos do Orfeón do Carballiño.