Ana Méndez asumirá a presidencia da xestora local do PP na cidade de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Trala renuncia por motivos persoais de Victoria Núñez

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

16, abril, 2025. A concelleira e portavoz do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Ourense, Ana Méndez, asumirá en próximas datas a presidencia da xestora local do PP, logo da renuncia da ata agora presidenta Victoria Núñez por motivos persoais que lle impiden, explicou, “exercer toda a dedicación e traballo que require esta responsabilidade”.

A dirección do Partido Popular de Ourense, que agradece o labor desenvolvido por Victoria Núñez, sinala que co nomeamento de Ana Méndez avánzase na simplificación da estrutura da xestora local do PP ao tempo que se mantén o labor político e de xestión dos populares no ámbito da cidade. 

Méndez Gil (Ourense, 1976) tamén asumiu o pasado 10 de xaneiro as funcións de portavoz do grupo municipal. Foi a número dous da lista do Partido Popular na cidade de Ourense nas eleccións locais de maio de 2023. Ademais de concelleira, Méndez é na actualidade a directora xerente de Galicia Calidade.