O PP de Ourense rexeita as mentiras do PSOE e reivindica o compromiso da Xunta de Galicia e da Deputación coa sanidade ourensá

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

·      Os populares lamentan que o PSOE de Ourense “careza de argumentos e proxectos” e faga “propaganda política” cun tema de especial relevancia para a poboación como é a sanidade

·      O grupo popular na Deputación lembra que a Xunta de Galicia leva investidos máis de 80 millóns de euros nos hospitais da área sanitaria, así como en centros de saúde e dotacións de diversa índole

·      O actual mandato no goberno provincial, con Luis Menor á fronte, mantén o diálogo e a cooperación como claves para impulsar proxectos sanitarios, no ámbito das competencias que lle corresponden á Deputación

·       Dende a Deputación destináronse partidas económicas específicas para infraestruturas como os centros de saúde de A Rúa e Boborás, ademáis de cederse terreos para o centro de saúde de Mariñamansa

19, abril, 2025. O grupo provincial do PP rexeita as mentiras do PSOE de Ourense sobre a sanidade ourensá. Os populares lamentan que os socialistas “carezan de argumentos e proxectos” e utilicen “para facer propaganda política” un tema de especial relevancia como é a sanidade.

O PP de Ourense reivindica o compromiso da Xunta de Galicia fronte as afirmacións sen fundamento da oposición, lembrando que o goberno autonómico leva investidos máis de 80 millóns de euros nos hospitais da área sanitaria: destes, 52 millóns para a ampliación e a reforma do CHUO e o resto de investimentos para outros proxectos importantes para a veciñanza como a nova área de urxencias do hospital de Verín ou a ampliación das áreas hospitalarias de día e farmacia no Hospital do Barco de Valdeorras.

Outros dos compromisos adquiridos pola Xunta de Galicia con Ourense son os novos centros de saúde de Boborás, A Rúa, Muíños, Novoa Santos e Mariñamansa, cunha inversión conxunta que ascende a 25 millóns de euros.

Dende o Grupo Provincial do PP de Ourense defenden o papel activo da Deputación para impulsar proxectos sanitarios, fronte ás afirmacións falsas do PSOE. Neste sentido, cabe lembrar que o goberno provincial tense implicado en proxectos claves para a área sanitaria, fomentando o diálogo e a cooperación con outras administracións, en prol da veciñanza, sempre no ámbito das competencias que lle corresponden á Deputación.

No caso do Hospital Materno, hai que recordar que a Consellería de Sanidade actuou rápido e dilixentemente para reubicar os servizos, ofrecéndolle tranquilidade a pacientes e profesionais, garantizando a asistencia en todo momento.

Partidas da Deputación para sanidade

Ademais dos compromisos da Xunta con Ourense, hai que destacar no actual mandato de Luis Menor á fronte da Deputación de Ourense, destináronse partidas específicas para proxectos de sanidade. Así, a Deputación destina 186.000 euros ao novo centro de saúde de Boborás e 130.000 ao novo centro de saúde de a Rúa.

A Deputación tamén cedeu 3.500 metros cadrados de terreo para o novo centro de saúde de Mariñamansa.