O exquisito sabor do porco celta conquista Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este luns, a Igrexa da Madalena de Ribadavia acolleu unha nova edición do “Mercado en Rural con Porco Celta”, unha iniciativa promove a excelencia e diversidade culinaria do porco celta. O chef Marco Varela, do restaurante O Sábrego, foi o protagonista da xornada cunha proposta baseada en tres pratos singulares: tataki de presa, prensado de costela e xarrete guisado; os tres, obviamente, de porco celta. O público asistente puido gozar dunha degustación que puxo en valor a calidade deste produto autóctono.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, estivo presente no evento e subliñou a importancia de apoiar o sector primario e a gastronomía local como motor de desenvolvemento económico e identidade cultural. A iniciativa está organizada pola Asociación de Criadores de Porco Celta (ASOPORCEL), coa colaboración da Deputación de Ourense e o proxecto Cociña Ourense, no marco da súa aposta pola posta en valor do porco celta e da cociña con raíces.