O BOP publica as bases para a creación dunha bolsa de emprego temporal de bombeiro/a condutor/a no Consorcio Provincial de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O prazo de presentación é de dez días naturais e a convocatoria será mediante concurso-oposición

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 21 de abril de 2025.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases reguladoras da convocatoria dun concurso-oposición para a creación dunha bolsa de emprego temporal de bombeiro/a condutor/a para atender necesidades temporais e interinidades no Consorcio Provincial de Ourense, para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

As ausencias que se cubrirán mediante esta bolsa de emprego serán aquelas derivadas de baixas médicas, permisos, vacacións ou vacantes con dereito a reserva de posto de traballo, entre outros, que o Consorcio Provincial determine.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais, tralos que se publicará a listaxe provisional das persoas admitidas e excluídas na páxina web da Deputación de Ourense.

As bases, así como os requisitos do posto e toda a documentación necesaria, están dispoñibles no BOP de hoxe, 21 de abril de 2025 e no seguinte enlace:https://bop.depourense.es/portal/anuncio/345449