A Consellería de Educación acometerá obras de mellora no colexio público de Boborás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, mantivo unha reunión co Conselleiro de Educación, Román Rodríguez co fin de solicitarlle diferentes obras de mellora para o colexio público de Boborás, e de acordo as demandas trasladadas polo equipo directivo do centro, con quen a rexedora mantén un diálogo constante e directo, traballando man a man pola educación e o benestar de toda a comunidade educativa.

É asi que, ao abeira da xuntanza co conselleiro, Patricia Torres vén de confirmar hoxe que a Consellería de Educación acomenterá entre este ano 2025 e o 2026 obras de reforma dos baños da planta primeira e os exteriores do colexio, o cambio das portas da entrada e tódalas persianas do edificio, que son moi antigas e atopanse en mal estado. 

Todo isto súmase a diferentes obras xa feitas nos últimos anos polo departamento autonómico que dirixe Román Rodríguez, coma o cambio da cuberta do centro, a zona de patio cuberto ampliado, a reforma dos baños da planta baixa ou a reforma enerxética, entre outras melloras de menor índole, tal e como lembra Patricia Torres, que agradece a boa disposición amosada polo conselleiro cara o centro de ensino de Boborás.